FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria no vindeiro curso escolar. Asignaranse os libros que estea dispoñibles no fondo solidario do centro: 1. Ao alumnado que SOLICITE O FONDO SOLIDARIO, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata esgotar existencias 2. Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda. Esgotados os libros dispoñibles no Fondo solidario, o centro adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir o seguinte: Contía das axudas:
ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO:
Contía das axudas:
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ Contía das axudas: A contía da axuda será de 50€ O alumnado en garda ou tutela pola Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% recibirán esta axuda con independencia da renda.
SOLICITUDE: PRESENCIAL: A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro docente no curso 2020/21 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2020/21 e ata o día 21 de xuño (este incluído).
VÍA ELECTRÓNICA: será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a. A través da ligazón: https://www.edu.xunta.es/fondolibros ou https://sede.xunta.gal
PRAZOS: ● Entrega de solicitudes: ata o 19 de xuño (incluído) ● Devolución libros curso 2019/20: ata 7 de xullo (7 de setembro, para alumnado ESO con materia pendentes) ● Prazo para gravar solicitudes: ata o 6 de xullo ● Publicación listaxes provisionais: 10 de xullo ● Prazo reclamar as listaxes provisionais: 11 e 12 de xullo ● Prazo para gravar reclamacións: 17 de xullo ● Publicación das listaxes definitivas: o De EP (3º, 4º, 5º e 6º): o 20 de xullo o De ESO (1º, 2º, 3º e 4º): o 14 de setembro
NOTA: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2020/21 deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no centro actual
|
ENTREGA POLO CENTRO DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2020/21
● 3º, 4º, 5º, 6º EP: o día que se publique a listaxe definitiva ou o día seguinte; tamén poderá pospor ata o inicio de curso
● ESO (1º, 2º, 3º, 4º): do 16 de setembro ata o 25 de setembro
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable
3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto
Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite
Ningún comentario:
Publicar un comentario