ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA NENOS E NENAS 1º A 6º
CURSO 2009/10
ECONOMÍA
O pago das actividades mensuais realizarase por adiantado na primeira quincena do mes correspondente. Será cobrado polo monitor da actividade.
O ingreso das actividades anuais realizarase en calquera oficina de Caixa Nova, na CC 2080 0368 87 0040005045. Poderase facer en dous prazos:
- O 50% antes do 31 de outubro de 2009.
- O 50% antes do 30 de novembro de 2009
Indicarase no xustificante o nome e curso do neno ou nena e actividade de que se trate.
E imprescindible que entreguedes o xustificante de pago das actividades anuais depositando o mesmo no buzón da ANPA (entrada do colexio pola rúa Cambria ) ou no local da asociación. O non pagamento dunha actividade dará lugar á baixa do participante na actividade non pagada.
OS NON ASOCIADOS DA ANPA DEBERAN ABOAR 7,50 € EN CONCEPTO DE SEGURO DE ACCIDENTES PARA SER ADMITIDOS Á REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Calquera cuestión relacionada coas condicións de pago das actividades rógase que se trate directamente cos membros da directiva da ANPA, que vos atenderán no local, de luns a venres, en horario de tarde.(16 a 17 horas)
AS ACTIVIDADES INICIARANSE O DÍA 13 DE OUTUBRO, ABOANDOSE EN ESTE MES, NAS ACTIVIDADES DE PAGO MENSUAL, A METADE DA MENSUALIDADE CORRESPONDENTE.
A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PODEREDES FACELA POR CORREO ELECTRÓNICO, FACENDO CONSTAR NO MESMO:
- Nome e apelidos e curso do neno ou nena que se inscribe.
- Actividade na que se inscribe ( nos casos de pintura, informática e inglés, facer indicación expresa do grupo ó que se apunta)
- Nome e apelidos do pai/nai/ou adulto responsable, con teléfono ou enderezo electrónico de contacto
NAS ACTIVIDADES CON LÍMITE DE PRAZAS DARASE PRIORIDADE AOS ASOCIADOS DA ANPA POR ORDE DE INSCRICIÓN.
MAIS INFORMACIÓN EN
http://anparosalialugo.blogspot.com
Este curso a ANPA oferta unha actividade dirixida os pais e nais que se animen a participar :
ACTIVIDADE | DÍAS | HORAS | PREZO | LUGAR | MONITOR |
Ximnasia de mantemento | Martes e xoves | 18 a 19 | 23 € Pago mensual monitor | Ximansio | Monitores de Eduka Galicia |
Esta actividade requirirá un mínimo de dez participantes inscritos para a súa realización. |
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA NENOS E NENAS 1º A 6º
CURSO 2009/10
ACTIVIDADE | DÍAS | HORAS | SOCIOS | NON SOCIOS | PAGO | LUGAR | MONITOR |
PINTURA | De luns a xoves (escoller grupo) | 16 a 17:30 | 80 | 105 | Caixanova anual | Aula de pintura | Elena |
MANUALIDADES * | Mércores | 16 a 17:30 | 80 | 105 | Caixanova anual | Aula 1º A | María |
MÚSICA * | Xoves | 16 a 17 | 80 | 105 | Caixanova anual | Aula 1º A | Esther |
TEATRO * | Luns | 16 a 17:30 | 80 | 105 | Caixanova. anual | Hall de Audiovisuais | Ana Carreira |
PREDEPORTE 1º 2º | Xoves | 16 a 17 | 80 | 105 | Caixanova. anual | Ximnasio | Fundación Balogal |
KARATE | Mércores e venres | 17 a18 | 18 | 25 | Mensual a monitor | Ximnasio | Noelia |
JUDO | Martes e venres | 16 a 17 | 18 | 25 | Mensual a monitor | Ximnasio | Camino |
BATUCA* | Martes e xoves | 17 a 18 | 18 | 25 | Mensual a monitor | Ximnasio | Monitores Eduka Galicia |
BALONCESTO | Mércores e venres | 16 a 17 | 18 | 25 | Mensual a monitor | Polideportivo | Rubén Engroba |
ATLETISMO | Martes e xoves | 17 a 18 | 18 | 25 | Mensual a monitor | Pistas Institutos | Rubén Arrojo |
FUTBOL 1º e 2º | Luns/xoves | 16 a 17 | 100 | 125 | Caixa nova anual | Polideportivo | Juan Carlos |
FUTBOL 3º | Luns /xoves | 17 a 18 | |||||
FÚTBOL 4ª | Mércores/xoves | 17 a 18 | |||||
FÚTBOL 5º/ 6º | Luns /mércores | 18 a 19 | |||||
INFORMÁTICA * Iniciación | Mércores | 16 a 17 | 100 | 125 | Caixa nova anual | Aula Inform | Profesorado especializado academia JM Rivas |
INFORMÁTICA * Nivel medio | Luns | 16 a 17 | 100 | 125 | Caixa nova anual | Aula Inform | |
INFORMÁTICA * Nivel avanzado | Xoves | 16 a 17 | 100 | 125 | Caixa nova anual | Aula Inform | |
INGLES 1º E 2º * | Luns e xoves | 17 a 18 | 20 | 25 | Mensual a monitor | Aula 1º B | Marina |
INGLES 3º e 4º * | Mércores e xoves | 16 a 17 | 20 | 25 | Mensual a monitor | Aula 1º B | Marina |
INGLES 5º e6º* | Luns mércores | 16 a 17 17 a 18 | 20 | 25 | Mensual a monitor | Aula 1º B | Marina |
OBSERVACIÓNS:
Atletismo: Esta actividade necesitará un mínimo de 6 participantes inscritos para a súa realización
Manualidades: Esta actividade necesitará un mínimo de 10 participantes inscritos para a súa realización.
Teatro: Requirirase un mínimo de 15 participantes en teatro para a súa realización co prezo establecido.
Música: Esta actividade necesitará un mínimo de 10 participantes inscritos para a súa realización
Batuca: Esta actividade necesitará un mínimo de 10 participantes inscritos para a súa realización
Informática: O número previsto de participantes previsto para cada grupo é de 10.
Inglés: O número de participantes previsto para cada grupo é de 7