Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2012

PROTESTA POLOS RECORTES

A Plataforma Galega pola defensa do ensino publico convócanos a toda a comunidade educativa a participar o XOVES DIA 24 A PARTIR DAS 16H NO XIMNASIO DO IES ANXEL FOLE (Rúa Angelo Colocci – Piringalla) a un peche como protesta polos recortes sufridos en educación e seguindo coa rolda de peches que se convocan en toda Galicia. Nós como pais tamén debemos estar ahí por iso FAPACEL vos convoca á asistencia, polo menos  a estar presentes a partir das 16H ainda que so poidades estar media hora. E MOI IMPORTANTE A VOSA ASISTENCIA MOVÁMONOS

ESCURSION OS BIOCOS ALUMNOS 6º

AVISO: O autobús estará dende as 17:00 na porta do colexio pola rúa Marina Española, a saída ás 17:30. NON OLVIDEDES OS SACOS DE DURMIR. A volta o venres, saída ás 17:00 chegada, apartires das 18:30. Un saúdo.

BALONCESTO GAÑAMOS A FASE DE CLASIFICACION

O noso equipo volveu triunfar, elimnando o C.B. Estudiantes na categoría benxamín, e xogará a final rexional en Santiago. ENHORABOA!!!!!

EXCURSIÓN GRANXA GARABULLOS

Confirmamos a excursión á Granxa Garabullos (Cospeito) para o vindeiro sábado día 26 de maio. A saída terá lugar ás 9:30 horas diante do colexio pola rúa Marina Española. A volta será ás 20:00. Teredes que facer o ingreso ó máis tardar ó xoves 24 de maio en Novagalicia Banco na conta da ANPA: CC: 2080 5368 76 3040005041 22€ x nº participantes socios 27€ x nºparticpantes no socios Concepto do ingreso: "Garabullos 2012+ apelidos neno" Entregar copia do resgardo bancario no local ou no buzón da ANPA. ¡VÁMOLO PASAR EN GRANDE!

MOBILIZACIÓN CONTRA OS RECORTES

Dende FAPACEL fan  un chamamento a toda a sociedade para se mobilizar contra os recortes en educación, que atentan contra a igualdade de oportunidades da xente nova, hipotecando o seu futuro e a calidade democrática da nosa sociedade. A mobilización terá lugar mañá martes 8 de MAIO ás 19:30 no Edificio Admvo. da Xunta de Galiza na Ronda da Muralla. A primeira derrota, a pasividade!