EXCURSIÓN A "MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA"
A ANPA do CEIP Rosalía de Castro organiza unha excursión para pasar unha xornada de lecer no Museo Fortaleza San Paio de Narla. Está situada preto de Friol, é un museo que nos oferta unha actividade para @s nen@s e unha visita ó Museo para Nais/Pais. A actividade terá lugar o sábado, 6 de Marzo, e a programación será a seguinte:
HORA | PROGRAMA |
10:30 | Saída en autocar do Colexio, diante da porta de Mariña Española |
11:30 | Chegada o Museo Fortaleza. |
12:00 | Actividade "O PORVIR DO PASADO" para @s nen@s; e visita ó Museo para Nais/Pais. |
14:30 | Xantar para @s nen@s e @s nais/pais no Restaurante Rural Biterra. |
18:00 | Volta a Lugo en Autocar. |
A actividade consiste no seguinte:
- Recollida de leña no bosque.
- Recollida de ovos no galiñeiro.
- Aprender a facer lume na fogueira.
- Aprender a bater ovos, facer rosquillas e facer filloas.
- Degustación dos productos elaborados.
Os monitores organizarán ós nenos en grupos para que poidan ir rotando ó longo da actividade.
CUSTOS DA XORNADA
SOCIOS ANPA | NON SOCIOS ANPA | |||
NEN@S | ADULTOS | NEN@S | ADULTOS | |
17,00 | 22,00 | 25,00 | 30,00 | |
Os prezos inclúen viaxe en autocar ida e volta, participación na actividade (so @s nen@s) e xantar para grandes e pequenos. | Os prezos inclúen viaxe en autocar ida e volta, participación na actividade (so @s nen@s) e xantar para grandes e pequenos. |
A asistencia está limitada a un máximo de 50 nen@s, con preferencia ós socios da ANPA. Os nenos deberán ir ó cargo dun adulto responsable. Para anotarse na actividade deberase entregar o boletín adxunto xunto co xustificante de pagamento na conta da asociación: Caixa nova
. CC 2080 0368 83 0040006162
A admisión será por rigoroso orde de entrada.
Nº RESERVA |
-"----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nº RESERVA |
BOLETÍN DE INSCRICIÓN
APELIDOS E NOME | CURSO | SOCIO ANPA |
ADULTO RESPONSABLE | SOCIO ANPA | ||
Asinado: ------------------------------ Manifesto que os nenos inscritos por min nesta excursión participan nela estando baixo a miña responsabilidade | |||
A entrega deste boletín farase no local da ANPA (NON NO BUZON), dende hoxe, mércores 3 de Febreiro e ata compretar as 50 prazas d@s nen@s. En horario de 16,00 a 17,00 horas. |