Saltar ao contido principal

Benvida o novo curso 2010-2011

A nova directiva da ANPA quérevos dar a benvida a este novo curso escolar. So dicirvos que o faremos o mellor que podamos, e pedirvos paciencia. Tentaremos facelo ben, aínda que non chegaremos a realizar tan bo traballo como a anterior directiva, intentarémolo. E non esquezades que se algo non funciona, sempre vennos ben unha man que nos axude a solucionalo.
De momento aí tedes un adianto do horario das actividades, en breve recibiredes a follas de inscrición, estade atentos a este blog e mirade na porta do colexio. Un aperta a tod@s.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA CURSO 2010/2011

CADRO HORARIO ACTIVIDADES

Inglés 1º/2º luns ás 17hr.
Inglés 3º/4º mércores e xoves ás 16hr.
Inglés 5º/6º luns ás 16hr. e mércores ás 17hr.
Informática iniciación mércores ás 16hr.
Informática medio luns ás 16hr.
Informática avanzado xoves ás 16hr.
Música xoves ás 16hr.
Taller creativo infantil xoves ás 16hr.
Baloncesto mércores e venres ás 16hr.
Judo martes e venres ás 16hr.
Predeporte xoves ás 16hr.
Teatro luns de 16 a 17:30hr.
Pintura tódolos días de 16 a 17:30hr.
Manualidades os mércores de 16 a 17:30hr.
Fútbol 1º/2º luns e xoves ás 16hr.
Fútbol 3º/4º luns e xoves ás 17hr.
Fútbol 5º/6º mércores e venres ás 17hr.
Karate luns e venres ás 17hr.
Batuca martes e xoves ás 17hr.
Ximnasia adultos martes e xoves ás 18hr.
Patinaxe adultos martes ás 18hr.