Saltar ao contido principal

LECTURA PÚBLICA DA OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO

A AELG celebra en Lugo o Día de Rosalía de Castro 2020

LECTURA PÚBLICA DA OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO

22 de febreiro / 13:00 horas

Lugar: PARQUE ROSALÍA DE CASTRO (en caso de mal tempo será no auditorio do Vello Cárcere)

Música: Germán Díaz

Como en anos anteriores desde 2010, a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) celebra en Lugo o aniversario do nacemento da escritora o sábado, 22 de febreiro, ás 13:00h.

En Lugo terá lugar unha lectura pública no Parque Rosalía de Castro, a carón do seu busto, acto ao que vos convidamos a todas e todos, tanto a asistir como a participar lendo un poema de Rosalía.

Lembra agasallar nese día cun libro e unha flor.

A este acto súmanse a concellería de Cultura do Concello de Lugo e a vicepresidencia e área de Cultura da Deputación Provincial.

Queres ler un poema de Rosalía?

Se queres ler un poema de Rosalía de Castro, fáinolo saber canto antes e dinos o título ou o primeiro verso do poema que escolliches.

Contactos:

Lois Pérez e Antonio Reigosa, en nome da AELG

Tfnos 646 171 651 e 655 43 25 11