Esta semana comezan as actividades extraescolares organizadas pola Anpa. Se tes algunha dúbida, consulta ou modificación, faino a través do correo electrónico anparosalialugo@gmail.com.
Para facilitar o traballo dos monitores á hora de entregar e recoller aos nen@s, farémolo de forma ordenada na porta da rúa Cambria. Os pais, nais e acompañantes tamén poden acceder ao recinto escolar, pero non dentro do propio centro.
Para o primeiro día da actividade de PINTURA, abonda con traer follas de papel e o estuche escolar (pinturas, lapis, goma de borrar, sacapuntas...) despois o monitor indicaralles o que teñen que levar.
Para a actividade de PATINAXE os nenos entrarán sen patíns nin proteccións, xa que se lles ensinará a poñelos como parte da actividade.
A actividade de BALONMÁN será gratuíta durante os meses de outubro e novembro para que quen queira, poida probala sen compromiso.
Lembrade tamén que debemos abandonar as instalacións ao remate das actividades -18:00 horas- xa que esa é a hora que pecha o centro.
Tamén podes seguir toda a información no Facebook da Anpa, para o que terás que facer unha solicitude de amizade.
Agradecemos a colaboración do Centro.
Moitas grazas!