Saltar ao contido principal

Publicacións

Campamento Semana Santa

 Dende a ANPA informamosvos que hoxe os nenos e nenas levarán as follas de inscrición do campamento de Semana Santa. Aquelas familias que queran inscribirse deberán cubrir dita folla e enviala o correo que aparece nela. NON é o correo da ANPA. A inscrición ten que cubrise unha por cada neno ou nena aínda que sexan irmáns.

Oferta de Prazas Curso 2023/24

Oferta de prazas do colexio Rosalía de Castro para o curso 2023/2024. Crearase unha nova liña no curso de 1° de primaria con 25 novas vacantes!

Festa de entroido 2023

Moitas grazas a todos por vir á festa de entroido! Tamén agradecemos aos colaboradores que axudaron a realizar esta decoración tan bonita.
Lembramos que o xoves día 16 celebraremos a Festa de Entroido no colexio Rosalía de 16:00 a 18:00. As actividades extraescolares dese día quedan suspendidas.

Ainda non tes a túa camiseta, mochila ou bolsa do Anpa?

Solicita a camiseta, a mochila ou unha bolsa a través do correo do Anpa do Rosalía. Tamen as teremos dispoñibles a venda na festa do entroido.

¡¡Entroido 2023!!

 O xoves, 16 de febreiro ven a celebrar a Festa do entroido no Colexio Rosalía.

Visita dos Reis Magos

Feliz día de Reis🤴🏻🤴🏼🤴🏿 As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente tamén pasaron pola nosa escola e deixaron agasallos para tod@s @s nen@s do centro. Aquí tedes unha pequena mostra da súa visita, as fotos dos distintos grupos poderedes visualizalas nos distintos grupos de pais de WhatsApp, estade atentos nos vindeiros días.