Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES E TALLERES

OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS: "Porque non son cousas de nenos: do conto de fadas ao ideal romántico"

OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS: "Porque non son cousas de nenos: do conto de fadas ao ideal romántico" Prazo de inscripción aberto até o venres 12 de decembro por medio das seguintes vías: Mediante correo electrónico ao enderezo: anparosalialugo@gmail.com No teléfono da ANPA: 606 12 02 58 No local da ANPA en horario de 09:00 a 09:30h de luns a venres e de 16:00 a 17:00h de luns a xoves PORQUE NAS NOSAS MANS ESTÁ QUE OS NOSOS NENOS E NENAS ACABEN COAS DESIGUALDADES EN MATERIA DE XÉNERO

Obradoiro para nais e pais "Porque non son cousas de nenos: do conto de fadas ao ideal romántico"

Benqueridas nais e pais, Din que a imitación é a máis sincera forma de adulación e unha mostra diso son os nosos fillos. Temos que recoñecer que nos fascina enormemente cando a rapazada da casa utiliza a expresión que tanto empregamos ou cando vemos que aplican as nosas ensinanzas para resolveren os seus conflitos na vida cotiá. Definitivamente, somos o máis temperán dos seus referentes e, aínda que na adolescencia o esquezan, os nosos comportamentos sempre han ser para eles unha guía. Como sociedade, tampouco o fixemos tan mal. Creamos un sistema educativo que permite que un meniño  poida soñar con chegar a ser calquera cousa e traballamos a intelixencia académica para facelo realidade, mais, onde esquecemos a aprendizaxe emocional? As persoas vivimos nun proceso constante de construción e a infancia e a adolescencia son as bases do que será algún día "o meu edificio". Sería fantástico que o día de mañá a nosa descendencia tivese unha profesión con futuro e puidese axudar ...

QUE É O TDAH?

Venres 21/11/14 Magosto Asociativo en Campo Castelo

Achégate este venres 21/11/14 ao Magosto Asociativo que terá lugar na Praza do Campo Castelo en horario de 20 a 24h.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Enviámosvos arquivos coa programación da Casa da Muller para conmemorar o   25 DE NOVEMBRO "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"