Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

Día do ensino: 31 de outubro de 2022

 Lembramos que o luns, día 31 de outubro, non hai colexio nin actividades extraescolares.

Visita a Granxa Pazo de Caldaloba

Mañá, día 25, os nenos e nenas de 2° de primaria do Rosalía irán de excursión a Granxa Pazo de Caldaloba en Cospeito. Trátase dunha Granxa familiar mixta de ovino e vacún. Con esta visita os rapaces poden tomar conciencia do traballo diario de pastoreo que se leva a  cabo nunha granxa con marcado carácter gandeiro. Participa e colabora:  ANPA e CEIP Rosalía.

Samaín 2022

Con motivo da celebración do Samaín o xoves 27 quedan suspendidas as actividades extraescolares realizadas no centro.💀🎃👻

Comezo das actividades extraescolares

Esta semana comezan as actividades extraescolares organizadas pola Anpa. Se tes algunha dúbida, consulta ou modificación, faino a través do correo electrónico anparosalialugo@gmail.com .  Para facilitar o traballo dos monitores á hora de entregar e recoller aos nen@s, farémolo de forma ordenada na porta da rúa Cambria. Os pais, nais e acompañantes tamén poden acceder ao recinto escolar, pero non dentro do propio centro.  Para o primeiro día da actividade de PINTURA,  abonda con traer follas de papel e o estuche escolar (pinturas, lapis, goma de borrar, sacapuntas...) despois o monitor indicaralles o que teñen que levar.  Para a actividade de PATINAXE os nenos entrarán sen patíns nin proteccións, xa que se lles ensinará a poñelos como parte da actividade.  A actividade de BALONMÁN será gratuíta durante os meses de outubro e novembro para que quen queira, poida probala sen compromiso.  Lembrade tamén que debemos abandonar as instalacións ao remate das actividades -18:00 horas- xa que e

Actividades extraescolares

As actividades extraescolares darán comezo o próximo luns día 17. Agás Tenis de mesa e Teatro que non conseguiron suficientes matriculados. Recordamos que este mes deberáse facer o pago correspondente a medio mes a vindeira semana.