Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O C.E.I.P. ROSALÍA DE CASTRO

O C.E.I.P. ROSALÍA DE CASTRO

O colexio CEIP Rosalía de Castro fundouse no ano 1973 e está situado na Rúa Rúa Cambria s/n en Lugo , nunha zona urbanizada e céntrica da cidade. O centro consta de dous edificios:. Son dúas zonas moi próximas pero que están limitadas e separadas por unha pequena rúa: O edificio de Infantil é dunha planta que conta no seu exterior cunha ampla zona verde e unha zona cuberta. O espazo verde de Infantil é salientable por favorecer o contacto coa natureza dentro do ambiente urbano. O edificio de Primaria consta de amplas zonas exteriores polas que se accede ao edificio que dispón de dúas entradas: unha pola Rúa Cambria, e outra por Mariña Española. Atópase moi próximo aos recursos da cidade : A Biblioteca Provincial e o Arquivo Histórico situados enfronte da entrada do colexio. O coñecido Parque de Rosalía de Castro , o parque máis visitado polos nenos lucenses, cos seus xardíns, columpios, patos e distintas aves. A Muralla Romana de Lugo con máis de dous quilómetros de perímetro,...