Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2007

EXCURSIÓN A CANTABRIA

EXCURSIÓN A CANTABRIA Este ano e para rematar o curso académico 2007/2008, o Anpa, organiza no mes de Maio do 2008, e para tod@s @s alumn@s do Colexio, dende 1º de Infantil ata 5º de Primaria (ambos inclusive), unha excursión a Cantabria , onde entre outras cousas, visitaremos As Covas do Soplao , subiremos no Teleférico de Fonte De , visitaremos a Neocueva de Altamira , e estaremos un día completo no Parque da Natureza de Cabárceno , onde nos asistirán con visitas guiadas e faranlle talleres didácticos @s nen@s . Asemesmo visitaremos as localidades de Suances e Comillas , Santillana do Mar e San Vicente da Barqueira. A excursión programase para os días: Xoves 1 de Maio (Festivo) – Venres 2 de Maio (Non lectivo) – Sábado 3 de Maio e Domingo 4 de Maio. Para poder organizar debidamente a excursión e con tempo suficiente, por ser as datas escollidas de moito turismo en Cantabria (segundo testemuñas da Concellería de Turismo de Cantabria); convocámosvos a unha xuntanza ó próximo XOVES DI