Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2011

Bos resultados

Ola: Contarvos que o noso equipo de PreBeisbol quedou clasificado na segunda posición do campionato organizado pola Escola Municipal. Fixo a entrega de premios o Concellal de deportes José Manuel Díaz Grandio, a Directora do noso centro Mª Luisa Casanova e o presidente do Lume Beisbol Club (tedes fotos no seu blogue). Este acto tivo lugar o venres 11 de marzo. Agradecer a Academia Jose Manuel Rivas que promocionou a merca dos uniformes. E o venres 18 fíxose entrega dos diplomas obtidos polos rapaces que participaron nos campionatos de karate, no que algún dos nosos tivo moi boa actuación. Trouxeron os trofeos obtidos que foron amosados a tódala xente que estivo presente. Un saúdo.

Actividades Extraescolares

Por motivo das festas do Entroido, non haberá actividades dende o xoves día 3 ata o mércores día 9, ámbolos dous incluidos.

APRAZADOS PARTIDOS BEISBOL

Ola: Os partidos de Beisbol da liga da Escola Municipal aprázanse para a próxima semana, os días 10 e 11, xoves e venres, nos mesmos lugares e horarios. Que sepades que o noso equipo, leva gañados os dous partidos disputados ata agora. Un saúdo,