Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Bo Nadal!!

 O Anpa do Rosalía deséxavos un Bo Nadal!!!

Visita dos Reis Magos

 🎄 Mañá xoves 22 rematamos o trimestre cunha visita moi especial. A ANPA pediulles as Nosas Maxestades Os Reis Magos 👑👑👑 que fixeran unha parada no Rosalía para saludar os nosos nenos e nenas e darlles un agasallo 🎁 que desexamos que disfruten moito. Bo Nadal familias!🎄

Actividades extraescolares Nadal

Lémbrase a todos que con motivo da festa de Nadal o mércores non hai actividades extraescolares. O xoves haberá actividades con normalidade.

ROTEIROS 2022/2023 - 1º Roteiro pola comarca

Voltan os “ Roteiros”   Rutas sencillas, pensadas para ir en familia, organizadas conxuntamente cos colexios publicos de Lugo.  Realizaránse un domingo de cada mes. As saídas realízanse dende cada colexio cada familia no seu propio coche. E ste domingo, día 18 de Decembro,  iremos á comarca de Castroverde e faremos " A Contorna de Soutomerille ", un camiño de 6km faciliño e rodeado de castiñeiros e carballos. A saída será dende o colexio ás 10:00 para dirixirnos ó lugar de aparcadoiro de onde parte a ruta.  Recoméndase  ir anotándose no grupo de WhatsApp de roteiros.  Exemplo: "Nome da Familia: 2 adultos 2 nenos". Dese xeito sabemos se están todas as familias ou se hai que esperar por algunha.   Os que queiran comer pola zona despóis da ruta, hai feira quincenal en Castroverde e distintos restaurantes. Boa camiñada! Grupo de WhatsApp Roteiros 2022/23 Colegio Rosalía de Castro: Abre este enlace para unirte o grupo de WhatsApp: https://chat.whatsapp.com/C9Y4z8IoWub6UW

Festa Nadal 2022 Colexio Rosalía

O día 21 de decembro , ás 16:00 celebraremos no colexio Rosalía a festa de Nadal . Teremos Mercadillo do Nadal , xogos , actuacións de baile , karaoke e máis sorpresas para celebrar xuntos o Nadal. As actividades extraescolares de este día quedan suspendidas. Quen queira participar nas badaladas 2023 terá que levar 12 gusanitos. Tamén teremos dispoñibles gusanitos a venda. Durante a festa, só se poderá acceder ao interior do centro para ir ao servizo.