Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2011

Viaxe/campamento alumnos de 6º

Ola: O mércores 23 tivemos unha reunión no colexio na que propuxemos unha estancia no albergue OS Biocos www.osbiocos.com en San Xoán de Río (Ourense) moi preto de Pobra de Trives. A proposta é que os rapaces saían o martes 24 de maio pola tarde e volvan o venres 27 tamén pola tarde. Desfrutando de 3 días e 3 noites de convivencia. Calculamos que o prezo aproximado será duns 150 euros, incluíndo o transporte. Pregamos que aqueles que non estiveses na reunión, vos acerquedes polo local ou enviedes un email indicando a vosa intención de participar. Posteriormente o farémolo dunha maneira máis formal, firmando autorización e facendo o aboamento correspondente. Tamén estamos pensando nalgunha saída de un día e algunha viaxe máis, xa veremos o que sae. Seguiremos informando a medida que vaimos concretando. Un saúdo, a vosa ANPA.