Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2010

INCIDENCIAS KARATE

Hola soci@s: Por mor duns problemas de incompatibilidade horaria que a afectaba a un bo número de rapaces, temos que facer uns axustes no horario de Karate, que entendemos benefician a maioría. Co esforzo da monitora auméntanse os días posibles para a actividade a tres, tendo que escoller dous. A horas e días dispoñibles son: Luns de 16 a 17 hrs. Martes de 17 a 18 hrs. e os venres como estaba de 17 a 18 hrs. Lamentamos os problemas que estes cambios podan ocasionar, na nosa intención está non cambiar nunca os horarios que son ofertados, salvo causa de forza maior ou como neste caso, un beneficio para a maioría dos participantes.- Tamén comentar que algunhas actividades teñen pouca participación e corren o risco de ter que ser suspendidas ou unificadas no horario. Tamén temos unha oferta de Aqualife para cursiños de natación, os prezos parecen moi interesantes. En breve enviaremos unha nota os rapaces coas actividades que non teñen a participación mínima cuberta, así como a oferta de Aq

Beisbol

Hola de novo: Lembrarvos que a escola municipal de beisbol xa estivo con nos o curso pasado. E unha actividade gratuita que teremos os venres de 5 a 6 nunha das pistas exteriores, ou no ximnasio dependendo do tempo. Esperamos que vos apuntedes. Outra vez saúdos.- PD: Se queredes ter o chandal do Colexio/Anpa tédelo a venta na tenda Miguel Sport.-

Comezo das actividades

Hola a todos/todas: O mércores día 13 comezan as actividades, agás o fútbol que comezará o xoves. Pedirvos que os que teñades claro en cales actividades van a participar os vosos fillos, que fagades a inscripción canto antes, pois os monitores estannos a pedir as listas de participantes.- Saúdos.