Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2012

FELIZ NADAL !!!!!!!!!!!!!!

Hoxe comenzan as vacacións; pola mañá viñeron os Reis Magos e trouxeron un agasallo para cada nen@. Todos cantos tivemos a sorte de acompañalos, disfrutamos dos nervios, o sorriso, incluso das lágrimas d@s pequen@s. Os que non poidéstedes velo, tedes a vosa disposición as fotos que de todos eles sacamos. Pola tarde fomos en dous autobuses ó Belén electrónico de Begonte, tamén o pasamos xenial!!!!! Así que despois desta xornada tan variada, tan só nos queda desexarvos unhas felices festas, moita sorte na lotería, e  sobre todo que o ano que comenza veña cheo de tranquilidade e boas novas. Por desexalo que non seña!!!!!. No vindeiro 2013 prometemos facer todo canto poidamos para procurarlles os nos@s fill@s a atención e a diversión que merecen. A vosa ANPA

VISITA REAL Ó COLEXIO

O venres 21 pola mañá, dende as 10:00 horas, estarán os REIS MAGOS no colexio para saúdar @s pequen@s de infantil e primaria. A ANPA escribiu unha carta pedíndolles esta visita e algún pequeno agasallo para todol@s nen@s. Así que xa sabedes...... INTENTADE QUE NON FALLE NINGÚN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

CONCENTRACIÓN XOVES 20-12-12 AS 20:00 "OUTRA SAÍDA DA CRISE"

Comunícanos a FAPACEL que o vindeiro día 20 (xoves) terá lugar unha concentración na Praza de Armañá ás 20:00 horas. O motivo da mesma é un novo berro contra os recortes que estamos a padecer a clase media deste país (educación, sanidade, xustiza.......). Un saúdo.

SAÍDA AO BELÉN ELECTRÓNICO DE BEGONTE

O vindeiro 21 de Decembro faremos unha saída ao Belén electrónico de Begonte. O prezo por persoa é de 2 € para socios e 3€ para non socios. Os nenos e nenas deberán ir acompañados dun adulto. Se algún de vós estivese interesado en que os seus fillos asistisen a excursión pero non puidesen acompañalos, podedes poñervos en contacto coa ANPA para tratar de solucionalo Sairán dous autobuses dende o colexio ás 16.00 h (rúa Galicia ou rúa Marina Española en función da disponibilidade para aparcar) O último día para inscribirse será o 19 de decembro Animádevos! 

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO MAÑÁ 13 DE DECEMBRO ÁS 19.00 HORAS NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia denuncia a falta de dialogo do Conselleiro de Educación, que non se quixo reunir cos membros da Plataforma para clarificar a postura que esa Consellería ía levar á Conferencia Sectorial de Educación que se celebrou onte en Madrid, nin para recoller as propostas que esta Plataforma achegaba ao Anteproxecto da LOMCE. É intolerable que se continúe falando “de consenso” coa comunidade educativa cando é totalmente falso, pois non existe a menor intención de coñecer as propostas que a comunidade educativa ten que facer ao devandito anteproxecto, subliñado ademáis polo abandono da Conferencia Sectorial por parte dalgunhas Comunidades Autónomas. A Plataforma en Defensa do Ensino rexeita o anteproxecto de lei presentado onte, xa que ainda que no preámbulo se suavizan os términos nos que estaba redactado o anterior borrador, citando a equidade e a función de cohesión e integración que debe presidir a tarefa educativa así como o carác

XORNADAS RESERVA DA BIOSFERA PARA NENOS ENTRE 6 E 11 ANOS

A Deputación de Lugo organiza unhas xornadas para nenos e nenas sobre a Reserva da Biosfera para esta ponte da Constitución, para os días 6, 8 e 9 de decembro de 2012 no Centro de Interpretación Terras do Miño no Paseo do Río Rato .  A inscripción pode realizarse a partires de mañá, mércores día 5 e ate o próximo venres. Podes apuntarte nos teléfonos: 982 254 666 e 982 260 147 ou na dirección de mail: exploradorespuente2012@gmail.com aportando os seguintes datos: Nome e apelidos do participante Día de participación Nome do pai e da nai Teléfono de contacto É importante inscribirse pronto pois estas xornadas teñen un aforo limitado de 50 plazas cada día. A selección dos participantes farase por orde de inscripción. Animádevos!!!