Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS: "Porque non son cousas de nenos: do conto de fadas ao ideal romántico"

OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS: "Porque non son cousas de nenos: do conto de fadas ao ideal romántico" Prazo de inscripción aberto até o venres 12 de decembro por medio das seguintes vías: Mediante correo electrónico ao enderezo: anparosalialugo@gmail.com No teléfono da ANPA: 606 12 02 58 No local da ANPA en horario de 09:00 a 09:30h de luns a venres e de 16:00 a 17:00h de luns a xoves PORQUE NAS NOSAS MANS ESTÁ QUE OS NOSOS NENOS E NENAS ACABEN COAS DESIGUALDADES EN MATERIA DE XÉNERO

IMOS Á NEVE!!!!

Imos á neve!             Fin de semana de neve na Estación Invernal Fuentes de Invierno. A derradeira fin de semana de Xaneiro, temos preparada unha viaxe á neve todo incluido: Autopullman luxo á estación (ida e volta), Todos os traslados á pista Hotel e pensión completa Forfait Equipación completa (almacén propio a pé de pista) Cursillos esquí/snow (tres horas diarias) Monitores tempo libre polas tardes             Para falar desta viaxe, e do seu custo especial e adaptado á ANPA, faremos unha reunión este mércores, día 26 ás 16.00 na sala de audiovisuais. Rogamos asistencia ós interesados. Unha aperta!

Obradoiro para nais e pais "Porque non son cousas de nenos: do conto de fadas ao ideal romántico"

Benqueridas nais e pais, Din que a imitación é a máis sincera forma de adulación e unha mostra diso son os nosos fillos. Temos que recoñecer que nos fascina enormemente cando a rapazada da casa utiliza a expresión que tanto empregamos ou cando vemos que aplican as nosas ensinanzas para resolveren os seus conflitos na vida cotiá. Definitivamente, somos o máis temperán dos seus referentes e, aínda que na adolescencia o esquezan, os nosos comportamentos sempre han ser para eles unha guía. Como sociedade, tampouco o fixemos tan mal. Creamos un sistema educativo que permite que un meniño  poida soñar con chegar a ser calquera cousa e traballamos a intelixencia académica para facelo realidade, mais, onde esquecemos a aprendizaxe emocional? As persoas vivimos nun proceso constante de construción e a infancia e a adolescencia son as bases do que será algún día "o meu edificio". Sería fantástico que o día de mañá a nosa descendencia tivese unha profesión con futuro e puidese axudar

Por unha educación en igualdade como base para rematar co machismo

QUE É O TDAH?

Venres 21/11/14 Magosto Asociativo en Campo Castelo

Achégate este venres 21/11/14 ao Magosto Asociativo que terá lugar na Praza do Campo Castelo en horario de 20 a 24h.

CARTA INFORMATIVA DA MONITORA DE JUDO OFERTANDO A SÚA ACTIVIDADE PARA OS PAIS E NAIS DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO

Estimados padres y madres: Permitidme explicaros qué es el Judo y para qué sirve. El Judo forma parte del programa de Deporte Escolar de la Xunta como actividad federada, y es una disciplina olímpica que está RECOMENDADA POR LA UNESCO POR SUS VALORES EDUCATIVOS como uno de los mejores deportes que pueden practicar los niños y las niñas. El objetivo de este arte marcial es derribar al oponente o controlar su cuerpo utilizando técnicas y tácticas de pie y suelo. Su característica fundamental, que lo diferencia de otros estilos de lucha basados primordialmente en la fuerza, es el aprovechamiento de la fuerza del contrario en beneficio propio, de tal forma que en el Judo una persona de poco peso puede derribar con facilidad a un rival de mucho mayor peso y envergadura, si es lo suficientemente hábil y domina bien la técnica. Las capacidades físicas y mentales que permite desarrollar han propiciado que sea el segundo deporte con mayor número de practicantes en todo e

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Enviámosvos arquivos coa programación da Casa da Muller para conmemorar o   25 DE NOVEMBRO "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"