Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

PUBLICIDADE ACTUACIÓN O AMPARO DA AXUDA DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

Damos publicidade e explicamos as actuacións realizadas,subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia pola ANPA Rosalía de Castro de Lugo en colaboración co colexio. 1.- Pintado do comedor,unha zona moi deteriorada e con pintadas,frases e mensaxes sexistas,racistas,e denigrantes. A actuación consistiu en pintar completamente o comedor ,elaborando por medio de unha empresa radicada en Lugo, que se encargou do deseño dos debuxo(DISEÑARTE),e unha Asociacion que se encargou de pintar e debuxar(ASOCIACION CULTURAL DE PROMOCION DEL ARTE URBANO OTROPRISMA)o deseño;que consiste en siluetas de nenos e nenas pensando e imaxinando o que poderian ser de maiores,tendo en conta as discriminacions da sociedade en canto o que poden ser nenos e nenas e o seu futuro.Todo abordado dende o punto de vista da igualdade e a discriminación positiva. Esta actuación fixose nun espacio no que os nenos pasan gran parte do seu tempo,e visible na hora do recreo,de ximnasia,de fe

AVISO EXTRAESCOLARES

COMUNICACIÓN ANPA Despois do derrube do muro perimetral do patio cuberto, vemonos na obriga de reubicar as actividades extraescolares ata novo aviso quedando da seguinte maneira: Fútbol, Baloncesto e patinaxe pasan ó ximnasio. Baile moderno, ximnasia rítmica e predeporte aproveitarán o espazo dos halls

OBRADOIRO CUQUIÑAS POLA DIVERSIDADE(19 NOVEMBRO)

3º ROTEIRO POLA COMARCA(17 DE NOVEMBRO)

Desta volta, camiñaremos polo bosque da Foz das Aceas, á beira do río Sarria, por sendas entre castiñeiros, salgueiros e ameneiros vestidos de outono. Descubriremos vellos muíños e fermosas presas entre pasarelas de madeira. Xa pola tarde, faremos unha visita ao MUVICLA,  o museo de maquinaria agrícola en Trasliste ( Láncara). A visita será ás 16:30, polo que as familias que o desexen terán que estar a esa hora na entrada do MUVICLA. O prezo da visita  é de 3,5 euros por persoa, e para os menores de 5 anos,de balde.  Boa camiñada As familias que vaian ao Muvicla pola tarde deberán presentar unha folla de protección de datos cuberta. En canto a teñamos vola pasamos. No caso de que alguén se olvide de levala podería cubrila alí ao chegar,  mais é preferible que a traian cuberta pra aforrar tempo. E... as compañeiras prepararon estas follas para facer unha actividade durante o roteiro.

OBRADOIRO COÑECER A DIVERSIDADE