Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2007
POR QUE CREAMOS ESTE BLOG? A razón é ben sinxela, creamos esta "páxina" para ter un medio de comunicación rápido, áxil e dinámico, capaz de entrar nos nosos fogares. Queremos que este espazo sexa o lugar onde atopemos aquelas cousas que nos interesan e afectan: prazos de matrícula, axudas, xogos, actividades, horarios de tutorias, festas do centro, periodos vacacionais,etc..., e todas aquelas outras que co discorrer do tempo entre todos estimemos necesarias. Desde aquí e aquí poderemos facer ou coñecer suxerencias, intercambiar información de calquera tema relacionado co centro e quizais facer un pouco de amizade coas nais/pais dos nosos fillos/fillas.

O C.E.I.P. ROSALÍA DE CASTRO

O colexio CEIP Rosalía de Castro fundouse no ano 1973 e está situado na Rúa Rúa Cambria s/n en Lugo , nunha zona urbanizada e céntrica da cidade. O centro consta de dous edificios:. Son dúas zonas moi próximas pero que están limitadas e separadas por unha pequena rúa: O edificio de Infantil é dunha planta que conta no seu exterior cunha ampla zona verde e unha zona cuberta. O espazo verde de Infantil é salientable por favorecer o contacto coa natureza dentro do ambiente urbano. O edificio de Primaria consta de amplas zonas exteriores polas que se accede ao edificio que dispón de dúas entradas: unha pola Rúa Cambria, e outra por Mariña Española. Atópase moi próximo aos recursos da cidade : A Biblioteca Provincial e o Arquivo Histórico situados enfronte da entrada do colexio. O coñecido Parque de Rosalía de Castro , o parque máis visitado polos nenos lucenses, cos seus xardíns, columpios, patos e distintas aves. A Muralla Romana de Lugo con máis de dous quilómetros de perímetro,