Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta EXCURSIÓNS CURSO 2008-2009

VIAXE A EUSKADI (MAIO - 09)

Déixovos aquí o álbum con fotos da viaxe a Euskadi que Alberte comparte con todos nós.

EXCURSIÓN PAÍS VASCO

Na ponte do 1 de maio fomos de excursión ao País Vasco . Foron moitas as experiencias e os lugares que visitamos e o que é máis importante: as boas relacións da xente que participou na mesma. Pensamos dende a ANPA que para describir esta rica vivencia estaría ben facela entre todas e todos, cada un compartindo a súa experiencia, impresións, sentimentos... ou suxerencias cos seus comentarios. O albúm ímolo a construir entre todos e todas, estas son as primeiras fotografías:

VIAJE A FERROL

Somos unos niños del Rosalía y os vamos a contar la excursión que hicimos a Ferrol . Salimos a las 9:30h, pasamos por la Coruña y llegamos a Ferrol. En Ferrol paramos enfrente al puerto y nos montamos en un barco que nos trasladó hasta el Castillo de San Felipe . Muy cerca están los Castillos de La Palma y de San Martiño. Allí, la guía, para explicarnos como eran las defensas del Castillo, usó de ejemplo a los ingleses, nos contaron que el Castillo no tenía función de residencia sino militar , que había sufrido varias remodelaciones desde el siglo XVI y nos enseñaron las dependencias del Castillo, los lugares de lucha, el lugar donde se encontraban los animales, etc. Después cogimos otra vez el barco y nos dirigimos otra vez a Ferrol, donde fuimos a comer al restaurante A Malata . De primero comimos fiambre con un 8, de segundo pollo con patatas con un 9 y de postre tarta de queso y a todos los niños nos dieron una bolsa de chucherías. A continuación fuimos hasta el arsenal de la ...

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O sábado 24 de xaneiro as familias compartimos unha xornada de viaxe e visita á Domus na Coruña. Pola tarde estaba programado visitar o Castelo de San Felipe máis non foi posible achegarnos ata alí debido ás consecuencias do temporal da noite anterior. Esta visita queda pendente e intentaráse repetir cos mesmos participantes para o mes que ven, incluíndo algunha actividade máis no itinerario. Pincha na imaxe para ver o álbum Aquí tedes unha pequena mostra da película 3D sobre os dinosaurios para aqueles que non tiveron a oportunidade de visionala.

EXCURSIÓN A OURENSE

O 29 de novembro fomos a Ourense , e aínda que o día comezou con neve, esta non foi impedimento para chegar sen problemas á cidade das Burgas. Despois dunha visita guiada polo casco histórico, a Catedral, as Burgas e as súas numerosas pontes compartimos o xantar e pola tarde visitamos Allariz, aínda que polas inclemencias do tempo adiantamos a hora de regreso. A visita resultou moi atractiva pola magnífica intervención do guía que soupo captar a atención de todos nós. Debido a protección de datos non podemos mostrarvos imaxes do grupo, pero si algunha paisaxe e lugar. ¡¡¡Animádevos a participar nas vindeiras excursións!!!

EXCURSIÓNS CURSO 2008-2009

A ANPA ten proxectado para este curso 2008/09 realizar as seguintes saídas: Visitaremos Ourense ( As Burgas e o seu centro histórico ) a villa de Allariz e os seus museos . Visita programada para o sábado 29 de novembro. A Domus da Coruña na que disfrutaremos dunha exposición e unha película en 3D da vida e costumes dos dinosaurios, pola tarde poderíamos visitar o Castelo de San Felipe no Ferrol . A saída está prevista para o sábado 24 de enero do 2009. Para a terceira saída estase estudiando a posibilidade de ir un fin de semana a León ou as Cabañas do Caurel . Unha visita Ás Médulas . Viaxe cultural ao País Vasco programada para a ponte de maio. Parque Acuático de Cerceda ou algunha praia das provincias da Coruña ou Pontevedra.