O colexio CEIP Rosalía de Castro fundouse no ano 1973 e está situado na Rúa Rúa Cambria s/n en Lugo, nunha zona urbanizada e céntrica da cidade.

O centro consta de dous edificios:. Son dúas zonas moi próximas pero que están limitadas e separadas por unha pequena rúa:
- O edificio de Infantil é dunha planta que conta no seu exterior cunha ampla zona verde e unha zona cuberta. O espazo verde de Infantil é salientable por favorecer o contacto coa natureza dentro do ambiente urbano.
- O edificio de Primaria consta de amplas zonas exteriores polas que se accede ao edificio que dispón de dúas entradas: unha pola Rúa Cambria, e outra por Mariña Española.
Atópase moi próximo aos recursos da cidade:
- O coñecido Parque de Rosalía de Castro, o parque máis visitado polos nenos lucenses, cos seus xardíns, columpios, patos e distintas aves.
- A Muralla Romana de Lugo con máis de dous quilómetros de perímetro,designada o 2 de decembro do ano 2000 Patrimonio da Humanidade.
- A Catedral románica (gótica e barroca e neoclásica) de Lugo.
- O Museo Provincial de Lugo cunha estupenda colección de ourivaría, mosaicos romanos, restos arqueolóxicos e coleccións de artistas galegos, aparte doutras obras de arte contemporánea.