Saltar ao contido principal

EXCURSIÓN A OURENSE

O 29 de novembro fomos a Ourense, e aínda que o día comezou con neve, esta non foi impedimento para chegar sen problemas á cidade das Burgas. Despois dunha visita guiada polo casco histórico, a Catedral, as Burgas e as súas numerosas pontes compartimos o xantar e pola tarde visitamos Allariz, aínda que polas inclemencias do tempo adiantamos a hora de regreso. A visita resultou moi atractiva pola magnífica intervención do guía que soupo captar a atención de todos nós.
Debido a protección de datos non podemos mostrarvos imaxes do grupo, pero si algunha paisaxe e lugar.

¡¡¡Animádevos a participar nas vindeiras excursións!!!