Saltar ao contido principal

COMEZA O CURSO 2009-2010


SAUDA DO PRESIDENTE:

Bo día, hoxe Xoves 10 de Setembro de 2009, xa estamos de volta é:

Dende a Anpa, queremos darvos a benvida o novo curso académico 2009/2010; un curso que se inicia marcado po las obras que se están a desenrolar no edificio de Infantil e que unha vez rematen, iniciaranse no edificio de primaria; e que sen dubida redundarán no beneficio dunhas instalacións modernas e renovadas dás que gozará toda a comunidade educativa, e sobre todo @s nos@s fill@s.

Así mesmo queremos anticiparvos, que aínda con certo retraso, a próxima semana estarán colgadas no blog da anpa as actividades extra- escolares.

Tamén vos queremos animar a que vos fagades socios e formedes parte da Anpa, e así mesmo participedes nas diversas excursións que faremos o longo do curso.

Estaremos a vosa disposición a partir do 13 de outubro, no local da Anpa, de Luns a Venres en horario de 16,00 a 17,00 Horas e no teléfono móbil 606120258 de Luns a Venres en horario de 16,00 a 19,00 horas.

Saúdos,

Javier Angel Vázquez Orejas

Presidente Anpa Ceip Rosalía de Castro de Lugo.