EXCURSIÓN A "MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA" A ANPA do CEIP Rosalía de Castro organiza unha excursión para pasar unha xornada de lecer no Museo Fortaleza San Paio de Narla. Está situada preto de Friol, é un museo que nos oferta unha actividade para @s nen@s e unha visita ó Museo para Nais/Pais. A actividade terá lugar o sábado, 6 de Marzo , e a programación será a seguinte: HORA PROGRAMA 10:30 Saída en autocar do Colexio, diante da porta de Mariña Española 11:30 Chegada o Museo Fortaleza. 12:00 Actividade "O PORVIR DO PASADO" para @s nen@s; e visita ó Museo para Nais/Pais. 14:30 Xantar para @s nen@s e @s nais/pais no Restaurante Rural Biterra. 18:00 Volta a Lugo en Autocar. A actividade consiste no seguinte: Recollida de leña no bosque. Recollida de ovos no galiñeiro. Aprender a facer lume na fogueira. Aprender a bater ovos, facer rosquillas e facer filloas. Degustación dos productos elaborados. Os monitores organizarán ós nenos en grupos para que poi...