Saltar ao contido principal

Viaxe/campamento alumnos de 6º

Ola:
O mércores 23 tivemos unha reunión no colexio na que propuxemos unha estancia no albergue OS Biocos www.osbiocos.com en San Xoán de Río (Ourense) moi preto de Pobra de Trives. A proposta é que os rapaces saían o martes 24 de maio pola tarde e volvan o venres 27 tamén pola tarde. Desfrutando de 3 días e 3 noites de convivencia. Calculamos que o prezo aproximado será duns 150 euros, incluíndo o transporte.
Pregamos que aqueles que non estiveses na reunión, vos acerquedes polo local ou enviedes un email indicando a vosa intención de participar. Posteriormente o farémolo dunha maneira máis formal, firmando autorización e facendo o aboamento correspondente.
Tamén estamos pensando nalgunha saída de un día e algunha viaxe máis, xa veremos o que sae.
Seguiremos informando a medida que vaimos concretando.
Un saúdo, a vosa ANPA.