Saltar ao contido principal

Convocatoria asemblea ordinaria

Convócase asemblea xeral ordinaria da ANPA do CEIP Rosalía de Castro de Lugo, no lugar e data que se sinala a continuación:
- Data: martes 31 de maio de 2011.
- 1ª convocatoria: 16:00 horas.
- 2ªconvocatoria: 16:15 horas.
- Lugar: Sala de audiovisuais do Colexio.
- Orde do día:
o Resumo das actuacións durante o presente curso e propostas para o vindeiro
o Revisión de actividades e renovación de monitores.
o Informe situación económica.
o Convocatoria para ocupar as vacantes da xunta directiva.
o Rogos e preguntas.

As persoas interesadas en formar parte da nova xunta directiva da asociación poden presentarse no local da asociación, de luns a venres de 16 a 17 horas, dende a recepción da convocatoria ata o mesmo día de celebración da asemblea antes do comezo da mesma.

Lugo, 23 de maio de 2011.
O presidente

Luciano Borrego Varela-
______________________________________________________________________
Nota da directiva:
Actualmente temos dúas prazas da xunta directiva sen cubrir, engadindo as tres persoas cesantes pois abandonan o centro, atopámonos nunha situación de descuberto que pon en risco a continuidade das actividades. Dada a importancia da asemblea rógase a participación do maior número de socios posible.