Saltar ao contido principal

Festival de Entroido

Ola:
Este ano a Asociación encargarase de organizar o festival de entroido. Poñeremos música, faremos festa e danzaremos. Teremos chocolate e doces de entroido. Que se venderán a 1€ ración. Estes cartos se destinarán ós fondos da excursión dos rapaces de 6º. Contamos con eles e cos seus pais e nais para que nos fagan unhas deliciosas orellas, bolas, freixós e pestiños, e a saber que máis sorpresas.
O xoves 16 de febreiro de 16:00 a 18:00 esperamos que o pasedes moi ben. Aquelas nais e pais que poidan, agradecerémoslle que nos voten unha man. E os rapaces de sexto terán que traballar algo ...
¡Coidado cos ogros, ninjas, bruxas e vammpiros.!

PD: Animádevos a vir disfrazados, tanto os nenos como os pais tamén!!!!