Saltar ao contido principal

XORNADA DE CONVIVENCIA NA GRANXA GARABULLOS (COSPEITO)



Sábado 26/05/2012
A ANPA do CEIP Rosalía Castro organiza esta xornada de convivencia a que invita ás familias a participar e coñecermos todos un pouco máis:

HORA
PROGRAMA
 9 :30
Saída en autocar do Colexio, diante da porta de Mariña Española
10:00
Chegada a granxa, presentación
10:30
Nenos: xornada de granxa
10:30
Pais: andaina ata lagoa, interpretación, aves etc.
14:00
Todos xuntos a xantar.
16:00
Xogos familiares, xincanas etc.
18:30
Merenda, para todos.
20:00
Volta a Lugo

CUSTO DA EXCURSIÓN:

27€ os socios da ANPA teñen unha subvención de 5€.
Total por participante socio ANPA 22€.

A asistencia está limitada a un máximo de 60 persoas entre nenos/as e pais/nais, con preferencia as persoas socias da ANPA, salvo que se consiga encher un segundo autobús. Os/as nenos/as deberán ir ó cargo  dunha persoa adulta responsable. Para anotarse na actividade deberán entregar o boletín de preinscrición no buzón ou local da ANPA (ANTES  DO 16 DE  MAIO)