Saltar ao contido principal

CAMPIONATO COMARCAL DE KARATE

O vindeiro 20 de Xaneiro, celebrarase no pavillón municipal o Campionato Comarcal de Karate clasificatorio para o Campionato Provincial. 
Os xuvenís e os cadetes comezarán ás 10.00 h. e os benxamíns, alevíns e infantís ás 11.00 da mañá (rógase estar un cuarto de hora antes).
Todos os competidores deberán acudir con Kimono e cunha camiseta branca por debaixo ou nada.
Realizarán dúas katas descalzos, tanto en individual como por equipos e cando rematen pódense ir.
Os resultados serán comunicados pola profesora nunha clase ordinaria.