Saltar ao contido principal

CURSO INICIACIÓN ADESTRADOR E BOLSAS DE AXUDA

Informámoslle que a Delegación Lucense vai programar un curso de iniciación para adestrador.

As datas serán 1, 2, 3 e 4 de Marzo (a fin de semana de Carnaval). O horario será intensivo os catro días, de 9:30 a 14 h de mañá e 16 a 20:30 h de tarde. O lugar de celebración será a cidade de Lugo (na cancha Anexo e Sala de Prensa do Pazo Universitario).

Requisitos:
1. Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso.
2. Realizar a preinscrición previa á celebración do curso na Delegación Zonal correspondente.
3. Pago da cota de preinscrición, que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Cota:
200 euros. Abono por transferencia bancaria á conta 2100 - 1455 - 14 - 0200227406. Indicando: nome persoal completo e nivel do curso.

O formulario de inscrición (que deberán entregar cuberto cunha fotografía tipo carnet e unha fotocopia do DNI e o xustificante do ingreso da cota de inscrición) e máis a convocatoria aparecen na páxina web da Federación Galega www.fegaba.com > Adestradores > Formación > Cursos de Iniciación 2013-2014

A data límite para facer a inscrición é o vindeiro 25 de Febreiro (Martes).
 
Comunicámoslle o programa de bolsas de axuda económica para a formación de adestradores no Curso de Iniciación:

Axudarase con desconto de ata o 50% da súa cota de inscrición aos alumnos inscritos que cumpran cos seguintes requisitos:

- Nados no ano 1993 e posteriores
- Calificados APTO na primeira convocatoria do curso
- Que xustifiquen a inscrición no INEM coa presentación da cartilla de desemprego (se son maiores de idade) ou ben presentando a cartilla de desemprego do pai/nai ou titor legal (se son menores de idade)

Para demandar a bolsa o solicitante cumprimentará o formulario de solicitude conxuntamente coa súa inscrición no Curso e presentará a documentación esixida.

En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao inicio do Curso.

O alumno ingresará a totalidade da cota de inscrición e posteriormente, unha vez realizado o Curso, a Federación Galega de Baloncesto reintegraralle os importes das axudas na conta que o alumno lle indique.
 
Para máis información remitimos o enlace para as bolsas de axuda para o curso de iniciación de adestrador:

www.fegaba.com> adestradores > formación > FGB e La Caixa promoven bolsas de axuda económica para a formación de Adestradores
 


Asdo: Pedro Roca. Administrativo.
FGB Delegación Lucense
delegacionlugo@fegaba.com
982 215765