Saltar ao contido principal

C O M I T E G A L E G O D E C O M P E T I C I O N



Encontro: REQUIRIMENTO DOCUMENTACIÓN XOGADORES

Data: 23.04.14

Competición: MINIBASKET MASCULINA

Fallo nº: 884

Reunido o Comité de Competición da Federación Galega de Baloncesto,
adoptou, entre outros os seguintes acordos:

SANCIONAR ao equipo DIVINA PASTORA con Trescentos Euros de multa, ao
non aportar a documentación solicitada por este Comité. Artigo 50-J do
Regulamento Disciplinario da F.G.B.

SANCIONAR ao equipo ANPA ROSALÍA DE CASTRO con Trescentos Euros de
multa, ao non aportar a documentación solicitada por este Comité. Artigo 50-J do
Regulamento Disciplinario da F.G.B.

REQUIRIR NOVAMENTE ao equipo DIVINA PASTORA para que aporte o DNI
orixinal do xogador D. David Piñeiro Rosilla para a súa compulsa na
Delegación Lucense de Baloncesto nun prazo non superior a vinte e catro
horas dende a recepción do presente.

REQUIRIR NOVAMENTE ao equipo ANPA ROSALÍA DE CASTRO para que
aporte o DNI orixinal do xogador D. David Álvarez Falcón para a súa compulsa
na Delegación Lucense de Baloncesto nun prazo non superior a vinte e catro
horas dende a recepción do presente.

Santiago de Compostela, 9 de maio 2014

Asdo. Juan A. Rey Couselo
Xuíz Único do Comité Competición