Saltar ao contido principal

Benvida curso 2019-2020




Benvida!!
Dende a Asociación de Nais e Pais, queremos dar a benvida a tódalas familias, desexando que sexa un bo curso e animándovos a participar nos proxectos e actividades que dende a ANPA estamos a desenvolver. 

Asumimos o compromiso de darlle continuidade a labor levada a cabo estes anos pola Asociación.

Somos un equipo de pais e nais  que comezamos esta nova andaina con moita ilusión, na que traballaremos desinteresadamente polo ben da nosa asociación. Cantos máis sexamos máis cousas poderemos facer, polo que vos pedimos que vos asociedes.

Que facemos??
Organización de actividades extraescolares
Entretemento aberto a toda a comunidade educativa
Colaboración na organización da excursión de fin de curso para alumnado de 6º
Organización de celebracións (nadal, entroido, etc..) e saídas en familias
Inscripción de socios na FAPACEL (Federación de ANPAS de Centros de Ensino) e participación nas súas iniciativas.
Recoller inquietudes e demandas das familias
Representación en consello escolar
Colaboración financieira co colexio (gastos de algunha actividade, agasallos reis..)



Actividades extra-escolares

A inscrición nas actividades e a alta como socio@ realizarase mediante o formulario electrónico.
Tamén se pode realizar  no local da ANPA.
Asociación á ANPA
Para poder abordar tódalas anteriores actividades precisamos a colaboración das familias a través da cota anual 20€ e de aportacións non económicas á que a directiva está aberta. As familias socias posuirán un carnet de socios (vixencia un curso), que lle dará dereito a descontos nos establecementos concertados, redución de 5€ mensuais nas actividades, descontos en excursións entre outras.
Para facerse socio hai que facer un ingreso de 20 euros por familia na conta da ANPA ES71 2080 5368 76 3040005041 indicando o nome do ou dos nen@s,familia e cursos.
Tamén cubrirase o formulario electrónico de ALTA como socio se non participades en ningunha actividade.

Actividades extraescolares
As actividades extra-escolares, a excepción de atletismo, comezarán o 14 de outubro.
Atletismo comeza o 16 de setembro. É a única actividade que empeza antes por non impartirse no cole, senón nas pistas das Pedreiras. Normalmente deixan que esa quincena de setembro poidan probar nov@s nen@s sen pagar. Para os veteran@s cóbraselles medio mes, se asisten, e outubro completo.
Cota inicial: A cota inicial abonarase o mes de outubro (medio mes) o pago faráse do 11 ó 18 de outubro e incluirá a cota de socia e das actividades nas que se inscriban os membros da familia. Por iniciarse as actividades despois do San Froilán, esta cota (das actividades) será do 50% do custo mensual das mesmas.
Resto de cotas: os pagamentos efectuaranse mensualmente por anticipado do 1 o 7 de cada mes.
Tódolos pagos se realizarán por transferencia bancaria no número de conta:
ES71 2080 5368 76 3040005041

Para as actividades gratuítas que ofrece o concello deben poñerse en contacto co centro.

As baixas realizaranse antes do 25 do mes anterior mediante un correo electrónico dirixido a anparosalialugo@gmail.com,se non se envía ese correo,os monitores cobraran o mes completo.
Dous meses de impago supoñerá a baixa automática de tódalas actividades.