Saltar ao contido principal

3º ROTEIRO POLA COMARCA(17 DE NOVEMBRO)

Desta volta, camiñaremos polo bosque da Foz das Aceas, á beira do río Sarria, por sendas entre castiñeiros, salgueiros e ameneiros vestidos de outono. Descubriremos vellos muíños e fermosas presas entre pasarelas de madeira.
Xa pola tarde, faremos unha visita ao MUVICLA,  o museo de maquinaria agrícola en Trasliste ( Láncara). A visita será ás 16:30, polo que as familias que o desexen terán que estar a esa hora na entrada do MUVICLA. O prezo da visita  é de 3,5 euros por persoa, e para os menores de 5 anos,de balde. 
Boa camiñada
As familias que vaian ao Muvicla pola tarde deberán presentar unha folla de protección de datos cuberta. En canto a teñamos vola pasamos. No caso de que alguén se olvide de levala podería cubrila alí ao chegar,  mais é preferible que a traian cuberta pra aforrar tempo.
E... as compañeiras prepararon estas follas para facer unha actividade durante o roteiro.