Saltar ao contido principal

PUBLICIDADE ACTUACIÓN O AMPARO DA AXUDA DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE


Damos publicidade e explicamos as actuacións realizadas,subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia pola ANPA Rosalía de Castro de Lugo en colaboración co colexio.

1.-Pintado do comedor,unha zona moi deteriorada e con pintadas,frases e mensaxes sexistas,racistas,e denigrantes.
A actuación consistiu en pintar completamente o comedor ,elaborando por medio de unha empresa radicada en Lugo, que se encargou do deseño dos debuxo(DISEÑARTE),e unha Asociacion que se encargou de pintar e debuxar(ASOCIACION CULTURAL DE PROMOCION DEL ARTE URBANO OTROPRISMA)o deseño;que consiste en siluetas de nenos e nenas pensando e imaxinando o que poderian ser de maiores,tendo en conta as discriminacions da sociedade en canto o que poden ser nenos e nenas e o seu futuro.Todo abordado dende o punto de vista da igualdade e a discriminación positiva.
Esta actuación fixose nun espacio no que os nenos pasan gran parte do seu tempo,e visible na hora do recreo,de ximnasia,de festas,obradoiros,comedor e actividades tanto escolares como extraescolares.
E visible para os alumnos,profesores,familia dos nenos e dende a rúa.
2.-Deseño, impresión e colocación de Dibond impreso por parte da empresa DISEÑARTE con debuxos e frases relacionados coa igualdade nas escaleiras interiores.
As escaleiras estan nun espacio polo que pasan todolos dias durante a xornada lectiva e tamen nas actividades extraescolares todolos nenos,profesorado e pais e familia do alumnado.