Saltar ao contido principal

COMEDOR E COVID(31-8-2020)

 Reunión tripartita de comedores do Concello de Lugo

Asisten: 1 representante da empresa, un representante de Fapacel, un técnico do Concello e o Concelleiro de educación.

Data: 31/08/2020

Dende o concello informan da necesidade de ofertar o servizo por ser de suma importancia para a conciliación da vida familiar e laboral. Servizo que se ofertará seguindo o protocolo establecido pola xunta e concretado para o servizo de comedores.

Este curso o servizo de comedor será so para nenos e nenas que o soliciten de forma fixa ( que asistan tódolos días, agás que teñan unha xustificación) non haberá servizo de eventuais, polo que tódolos admitidos no servizo de comedor serán os que presentaran a documentación solicitada en tempo e forma. As familias que precisen do servizo de comedor de forma puntual non terán opción.

A esta cuestión, como representante das Anpas, opinei que non era xusto para as familias que traballan por quendas, ou con contratos temporais, xa que tamén precisan do servizo dun xeito esporádico. Incluso as familias que veñan doutra comunidade e precisen o servizo, quedarían en lista de agarda.

No colexio Anexa e no Menéndez Pelayo, quedaron nenas e nenos fora do servizo de comedor, Polo que se fixo un sorteo. Toda a xente que solicitou comedor 5 días á semana e enviou correctamente a documentación estaría dentro. As listaxes publicaranse en cada colexio, e nas oficinas da Concellaría de educación ( Centro social Uxío Novoneyra).

 Que formación van recibir os responsables do comedor en materia de covid?

Xa comezaron a formación os encargados de comedor, aínda que non me concretaron que tipo de formación, horas…

 Como manter os grupos burbulla dentro do comedor.

Haberá quendas, comerán todos cunha distancia de 1,5 m. na medida das súas posibilidades, comerán por cursos, ou clases. Infantil irá de primeiro.

 Onde van deixar as mascarillas cando comen, terán os comedores repostos suficientes por si as perden?

Non teñen previsto, que facer coas mascarillas, en principio pousaranas na mesa, e van mercar mascarillas de reposto de diferentes tallas.

 Están coordinados os protocolos do colexio e comedor? pode acontecer que saídas e entradas a comedor coincidan tanto nas portas como nos corredores.

A coordinación destes protocolos farano entre o encargado de comedor e a dirección.

 Onde van estar os nenos e nenas que agardan a segunda quenda? Como manter os grupos burbulla ( todos xuntos con mascarilla?

Deberán estar con mascarilla e a 1,5m. dentro do colexio, aínda que mentres faga bo tempo poderán agardar no patio.

 Onde van estar despois de comer?

O concello falou con tódalas direccións para que as nenas e nenos poidan estar en diferentes espazos do colexio( dentro dos colexios: aulas, ximnasios, pasillos…)

 En canto a recollida dos nenos/as pode ser graduada para evitar aglomeracións.

Os encargados de comedor, repartirán os nenos mantendo as distancias de seguridade

 Limpeza entre quenda e quenda, quen a vai facela?

Os monitores de comedor, serán os encargados de limpar entre quenda e quenda.

 Incremento do persoal? Ratio / monitores.

Este curso haberá menos usuarios de comedor, polo que non se vai contratar moito máis persoal, como non concretaron, pedín coñecer a cantidade que se ía gastar o concello en monitores ( 40.000 euros)

 Posibilidade de dar a información por escrito ás familias, atendendo as circunstancias de cada centro educativo.

Aceptan facelo.

 Pedimos mediación do concello para que tódolos nenos e nenas poidan facer o seu tempo de agarda no centro escolar, non no patio. ( sobre todo no inverno)

En principio isto está resolto, teredes que ser as Anpas as que nos informedes se isto non se está desenvolvendo deste xeito.

 Aseo de máns e lavado de dentes, non teñen baños suficientes na mesma planta, que opcións e solucións se propoñen.

A hixiene bucodental queda en principio totalmente descartada, por considerarse de alto risco. O lavado de mans, na primeira quenda farase

seguramente ó saír das aulas, ou con xel. A segunda quenda, como ten máis tempo poderán lavalas mans nos lavabos .

 Datas da publicación dos listados.

Serán publicados os primeiros días de setembro e non haberá período de reclamación.

 ¿Familias con contratos de substitución van ter praza no comedor , cando teñan que traballar?// familias que traballan por quendas, terán dereito a comedor?

Esta pregunta xa está se aclarou.

 A calefacción, debido a que hai que ventilar os comedores, como se vai a quecer eses espazos que non teñen calefacción independente do colexio. ( na maioría dos coles apágase a calefacción a media mañá).

O comedor terá que estar ventilado, polo que a calefacción non ten tanta importancia neste tempo de covid.

A rixidez do protocolo será só aplicable a este tempo de pandemia, en canto a situación mellore, e vendo como transcorren as cousas farán cambios, dos que nos manterán informados.

Dende a Fapacel, seguimos a solicitar melloras, e ampliacións das instalacións de comedor, independencia enerxética do centro escolar ( posto que en algúns comedores vai moito frío, e non se pon a calefacción, ou o colexio apaga polo mañá) tamén se piden equiparacións en instalacións entre os diferentes colexios da cidade ( que tódolos comedores teñan materiais, e características similares en espazos e servizos)

Que se flexibilice tamén o servizo de comedor para traballadores temporais, ou con quendas.