Saltar ao contido principal

ROTEIROS 2022/2023 - 1º Roteiro pola comarca

Voltan os “ Roteiros” 

Rutas sencillas, pensadas para ir en familia, organizadas conxuntamente cos colexios publicos de Lugo. 

Realizaránse un domingo de cada mes. As saídas realízanse dende cada colexio cada familia no seu propio coche.

Este domingo, día 18 de Decembro,  iremos á comarca de Castroverde e faremos " A Contorna de Soutomerille", un camiño de 6km faciliño e rodeado de castiñeiros e carballos. A saída será dende o colexio ás 10:00 para dirixirnos ó lugar de aparcadoiro de onde parte a ruta. 

Recoméndase ir anotándose no grupo de WhatsApp de roteiros. Exemplo: "Nome da Familia: 2 adultos 2 nenos". Dese xeito sabemos se están todas as familias ou se hai que esperar por algunha. 

Os que queiran comer pola zona despóis da ruta, hai feira quincenal en Castroverde e distintos restaurantes.

Boa camiñada!

Grupo de WhatsApp Roteiros 2022/23 Colegio Rosalía de Castro:

Abre este enlace para unirte o grupo de WhatsApp:

https://chat.whatsapp.com/C9Y4z8IoWub6UWRTqQ8k3V