Nos vindeiros días, 14, 15, 16 e 21 de abril, desenvolverase o *CAMPAMENTO de SEMANA SANTA da ANPA* nas instalacións do CEIP Rosalía de Castro.
Así, compartimos con vós a ficha de inscrición. Haberá algúns exemplares impresos no taboleiro da ANPA (xunto á conserxería do centro) para quen prefira levar o modelo impreso.
Consideramos importante ter en conta:
- As prazas son limitadas e adxudicaranse por estrito orde de inscrición.
- Darase preferencia ás persoas socias da ANPA.
- A data límite para formalizar a inscrición é o 4 de abril.
- É fundamental enviar o formulario completamente cuberto, en todos os espazos, ao correo indicado na propia ficha *(anparosaliadecastrolugo@gmail.com)*. Desde a ANPA *non* se reenviarán formularios que nos cheguen de forma errónea.
- Tras enviar o formulario de inscrición, as persoas que acaden praza no campamento recibirán un correo de confirmación. Tras esta confirmación deberase facer o ingreso da cota na conta correspondente, con anterioridade ao inicio do campamento.
Formulario: (2 hojas)