INFORMACIÓN IMPORTANTE ARDE LUCUS 2025
Bo día,
Xuntamos o formulario de inscrición para solicitar as teas para Arde Lucus.
Só temos o día de hoxe de prazo, xa que mañá a primeira hora debemos enviar ao Concello o pedido de teas definitivo.
Tedes desde este momento ata as 23:59 para completar o formulario.
Tal e como se indica no propio formulario, as teas entregaranse por orde de inscrición, ata esgotar existencias, xa que non podemos garantir que o Concello nos facilite todas as que solicitemos.
En canto o Concello nolas entregue, informarémosvos do día en que poderedes pasar a recollelas polo colexio.
Grazas pola vosa colaboración!
Formulario inscripión: