Hoxe comenzan as vacacións; pola mañá viñeron os Reis Magos e trouxeron un agasallo para cada nen@. Todos cantos tivemos a sorte de acompañalos, disfrutamos dos nervios, o sorriso, incluso das lágrimas d@s pequen@s. Os que non poidéstedes velo, tedes a vosa disposición as fotos que de todos eles sacamos. Pola tarde fomos en dous autobuses ó Belén electrónico de Begonte, tamén o pasamos xenial!!!!! Así que despois desta xornada tan variada, tan só nos queda desexarvos unhas felices festas, moita sorte na lotería, e sobre todo que o ano que comenza veña cheo de tranquilidade e boas novas. Por desexalo que non seña!!!!!. No vindeiro 2013 prometemos facer todo canto poidamos para procurarlles os nos@s fill@s a atención e a diversión que merecen. A vosa ANPA