Informámoslle que a Delegación Lucense vai programar un curso de iniciación para adestrador. As datas serán 1, 2, 3 e 4 de Marzo (a fin de semana de Carnaval). O horario será intensivo os catro días, de 9:30 a 14 h de mañá e 16 a 20:30 h de tarde. O lugar de celebración será a cidade de Lugo (na cancha Anexo e Sala de Prensa do Pazo Universitario). Requisitos: 1. Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso. 2. Realizar a preinscrición previa á celebración do curso na Delegación Zonal correspondente. 3. Pago da cota de preinscrición, que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico. Cota: 200 euros. Abono por transferencia bancaria á conta 2100 - 1455 - 14 - 0200227406. Indicando: nome persoal completo e nivel do curso. O formulario de inscrición (que deberán entregar cuberto cunha fotografía tipo carnet e unha fotocopia do DNI e o xustificante do ingreso da ...