Datas Cursos Nivel I e Nivel II Seguindo o tradicional reparto de ambos os chanzos formativos en dúas fases, non presencial e presencial, a Área Deportiva FGB confirma as datas concretas nas que se levará a cabo esta última etapa, a cal reúne nunha única sede galega a todos os alumnos. Así, as datas escollidas para este propósito abranguen do 5 ao 9 de xullo de 2014 no caso do Nivel 1, e do mesmo día 5 ata o día 11 de xullo, ampliando para o segundo nivel as horas de carga lectiva. Todos os participantes reuniranse pois nestas datas dando saída a unha fase presencial cuxo escenario está tamén asinado: será o do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela. As instalacións deste centro educativo da capital galega repiten como aliadas da Área de Adestradores FGB, consciente, esta última, da boa capacidade organizativa e espacial desta localización. Proceso de Inscrición Dados a coñecer xa os datos referentes a sedes e datas presencias, a Dirección Deportiv...