Benvida ! ! Dende a Asociación de Nais e Pais, queremos dar a benvida a tódalas familias, desexando que sexa un bo curso e animándovos a participar nos proxectos e actividades que dende a ANPA estamos a desenvolver. Asumimos o compromiso de darlle continuidade a labor levada a cabo estes anos pola Asociación. Somos un equipo de pais e nais que comezamos esta nova andaina con moita ilusión, na que traballaremos desinteresadamente polo ben da nosa asociación. Cantos máis sexamos máis cousas poderemos facer, polo que vos pedimos que vos asociedes. Que facemos ? ? - Organización de actividades extraescolares - Entretemento aberto a toda a comunidade educativa - Colaboración na organización da excursión de fin de curso para alumnado de 6º - Organización de celebracións (nadal, entroido, etc..) e saídas en familias - Inscripción de socios na FAPACEL (Federación de ANPAS de Centros de Ensino) e participación nas súas inicia...