Saltar ao contido principal

Publicacións

EXCURSIÓN A CANTABRIA

EXCURSIÓN A CANTABRIA Este ano e para rematar o curso académico 2007/2008, o Anpa, organiza no mes de Maio do 2008, e para tod@s @s alumn@s do Colexio, dende 1º de Infantil ata 5º de Primaria (ambos inclusive), unha excursión a Cantabria , onde entre outras cousas, visitaremos As Covas do Soplao , subiremos no Teleférico de Fonte De , visitaremos a Neocueva de Altamira , e estaremos un día completo no Parque da Natureza de Cabárceno , onde nos asistirán con visitas guiadas e faranlle talleres didácticos @s nen@s . Asemesmo visitaremos as localidades de Suances e Comillas , Santillana do Mar e San Vicente da Barqueira. A excursión programase para os días: Xoves 1 de Maio (Festivo) – Venres 2 de Maio (Non lectivo) – Sábado 3 de Maio e Domingo 4 de Maio. Para poder organizar debidamente a excursión e con tempo suficiente, por ser as datas escollidas de moito turismo en Cantabria (segundo testemuñas da Concellería de Turismo de Cantabria); convocámosvos a unha xuntanza ó próximo XOVES DI...

FESTA FIN DE CURSO EN CERCEDA

Levouse a cabo o día 2 de xuño a excursión de fin de curso ó parque acuático de Cerceda . A excursión resultou un éxito polo bo tempo, disfrutando pequenos e grandes dás instalacións do parque.
POR QUE CREAMOS ESTE BLOG? A razón é ben sinxela, creamos esta "páxina" para ter un medio de comunicación rápido, áxil e dinámico, capaz de entrar nos nosos fogares. Queremos que este espazo sexa o lugar onde atopemos aquelas cousas que nos interesan e afectan: prazos de matrícula, axudas, xogos, actividades, horarios de tutorias, festas do centro, periodos vacacionais,etc..., e todas aquelas outras que co discorrer do tempo entre todos estimemos necesarias. Desde aquí e aquí poderemos facer ou coñecer suxerencias, intercambiar información de calquera tema relacionado co centro e quizais facer un pouco de amizade coas nais/pais dos nosos fillos/fillas.

O C.E.I.P. ROSALÍA DE CASTRO

O colexio CEIP Rosalía de Castro fundouse no ano 1973 e está situado na Rúa Rúa Cambria s/n en Lugo , nunha zona urbanizada e céntrica da cidade. O centro consta de dous edificios:. Son dúas zonas moi próximas pero que están limitadas e separadas por unha pequena rúa: O edificio de Infantil é dunha planta que conta no seu exterior cunha ampla zona verde e unha zona cuberta. O espazo verde de Infantil é salientable por favorecer o contacto coa natureza dentro do ambiente urbano. O edificio de Primaria consta de amplas zonas exteriores polas que se accede ao edificio que dispón de dúas entradas: unha pola Rúa Cambria, e outra por Mariña Española. Atópase moi próximo aos recursos da cidade : A Biblioteca Provincial e o Arquivo Histórico situados enfronte da entrada do colexio. O coñecido Parque de Rosalía de Castro , o parque máis visitado polos nenos lucenses, cos seus xardíns, columpios, patos e distintas aves. A Muralla Romana de Lugo con máis de dous quilómetros de perímetro,...