Damos publicidade e explicamos as actuacións realizadas,subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia pola ANPA Rosalía de Castro de Lugo en colaboración co colexio. 1.- Pintado do comedor,unha zona moi deteriorada e con pintadas,frases e mensaxes sexistas,racistas,e denigrantes. A actuación consistiu en pintar completamente o comedor ,elaborando por medio de unha empresa radicada en Lugo, que se encargou do deseño dos debuxo(DISEÑARTE),e unha Asociacion que se encargou de pintar e debuxar(ASOCIACION CULTURAL DE PROMOCION DEL ARTE URBANO OTROPRISMA)o deseño;que consiste en siluetas de nenos e nenas pensando e imaxinando o que poderian ser de maiores,tendo en conta as discriminacions da sociedade en canto o que poden ser nenos e nenas e o seu futuro.Todo abordado dende o punto de vista da igualdade e a discriminación positiva. Esta actuación fixose nun espacio no que os nenos pasan gran parte do seu tempo,e visible na hora do recreo,de ximnasia,de fe...